A Illa do Tesouro
Proxecto de Ciencias da Terra e Medioambientais do IES A Basella
xoves, 23 de xaneiro de 2014
domingo, 3 de novembro de 2013
Xuramento Nightingale
-O xuramento Nightingale foi creado pola famosa Florence Nightingale, o xuramento é o xuramento que realizan as novas enfermeiras, o xuramento consiste basicamente en que a enfermeira xura ante Deus e ante unha asamblea ali presente que se absterá de suministrar ou consumir algo que sexa nocivo para ela ou para a saude do enfermo. Nin tampouco revelar informacion obtida durante o traballo nin tampouco revelar os asuntos confidenciais dos pacientes aos que trate, e por ultimo, a enfermeira no xuramento promete que dedicará a sua vida a asistir o médico, e a coidar dos enfermos ao seu cargo.
domingo, 20 de outubro de 2013
Entra Sae
Recursos humanos Recursos humanos
-Prensa -Información
- wi-fi -Noticias
Enerxia Enerxia
-Luz solar -Calor
-Electrica
-Combustibles
Fósiles
-butano
Materia Materia
-Automóviles -Automóviles
-Alimentos -Alimentos:
-Materiais de -pesca
construcción -marisco
-Materiais -Textil
electrodomésticos -Residuos
-Textil
-Auga
-Mobiliario
Algúns enlaces de interese
Nos seguintes enlaces recóllese información que pode resultar interesante para o traballo que nos propoñemos:
Arousa en 1951
Arousa en 1960
- Cajaespaña recompila información económica sobre a Illa de Arousa e Vilanova de Arousa.
- Un traballo da Universidade de Barcelona que analiza o impacto da industrialización na Illa de Arousa entre 1889 e 1935.
Arousa en 1951
Arousa en 1960
martes, 8 de outubro de 2013
Proxecto "A Illa do Tesouro"
Un ecosistema é
un sistema natural aberto integrado por unha serie de compoñentes vivos e non
vivos relacionados entre si.
Unha illa é un
ecosistema cuns límites bastante claros, se ben a oscilación das mareas
ponnos na dificultade de establecer os límites durante a preamar ou a
baixamar; pero en todo caso a fronteira é un ecotono compartido por especies
terrestres e acuáticas.
No sistema Illa
podemos distinguir diferentes subsistemas ou ecosistemas terrestres e acuáticos,
incluíndo un ecosistema urbano no que a especie humana modifica o biótopo para
adaptalo ás súas necesidades de confort e calidade de vida.
![]() |
| Illa de Arousa |
A Illa de Arousa
é un escenario único para analizar un ecosistema limitado polo mar e os efectos
que provocou a súa comunicación mediante unha estrada ponte que incrementou o
tráfico de vehículos, persoas e
materiais ao tempo que medraba o casco urbano e se abandonaban algúns oficios e
tradicións que foron substituídos por outros novos.
Este blog é a vía
de comunicación dun proxecto educativo no que, aplicando a nivel práctico os
contidos da materia de Ciencias da Terra e do Medio Ambiente de 2º de
bacharelato, tentaremos analizar a situación ambiental presente e pasada da Illa de
Arousa: antes e despois da construción
da ponte que a comunicou co continente.
O nome do
proxecto: “A Illa do Tesouro” fai referencia a un posible tesouro agochado
polos Carcamáns, unha especie de piratas que se refuxiaron na Arousa en tempos
pasados; pero tamén a que nós mesmos agocharemos os nosos tesouros en lugares
que recomendamos visitar ao tempo que participamos na actividade “Geocaching”.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)

